DESDE 1986 PIONEROS EN ESPAÑA,
en la organización de las personas con asma bronquial y enfermedades alérgicas

Photo Photo Photo Photo Photo

Sobre nos

1-08-2009 | Redacción

imagen07

A Asociación Galega de Asmáticos e Alérxicos (ASGA) nace coma unha organización sen ánimo de lucro no ano 1986 na cidade de A Coruña (España) debido ás inquedanzas dun variado grupo de persoas: doentes, especialistas da Unidade de Alerxia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo de A Coruña, e familiares dos doentes, para contribuir a loita contra o Asma e as Enfermidades Alérxicas dende diferentes olladas: científica, médica, e social.


Ó longo dos anos, a nosa Asociación facilitou unha amplia información ós doentes e ó público en xeral, estando recoñecida pola Xunta de Galicia coma unha Entidade Prestadora de Servicios.Na actualidade, seguimos nesa liña de traballo, organizando charlas-coloquio, establecendo Programas de Educación e Axuda ós doentes e realizando campamentos de verán para nenos e nenas asmáticos/as, actuando a prol do cumprimento da nosa función social.


  • Información completa, asequible e rigurosa sobre o Asma e as Enfermedades Alérxicas para os doentes e para os seus familiares.

  • Educación e Formación dos doentes na Prevención do Asma e a Alerxia como base fundamental do tratamento.

  • Órgano de representación dos intereses dos asmáticos e alérxicos ante as institucións.

  • Mellora da Calidade de Vida dos doentes asmáticos e alérxicos compartindo iniciativas coas outras asociacións de doentes a nivel tanto nacional como internacional.